E.S.A. - Ámbito de sociedade
Benvidos á páxina web do IES "Isaac Díaz Pardo" de Sada destinada á desenvolver os contidos do ámbito de sociedade da educación secundaria de persoas adultas.
Destinatarios
Todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria.
Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar estes estudos polo réxime ordinario.
Organización
Constan de catro módulos de duración cuadrimestral. Cada un organízase en tres campos de coñecemento: ámbito de comunicación, ámbito de sociedade e ámbito científico-tecnolóxico.
Duración
Estas ensinanzas poden realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos.
As persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise.